Xornadas MIGRANET nos ríos Ulla e Umia

Pulicada: 17/07/2012

A Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” organiza, dentro das actividades a desenvolver no proxecto MIGRANET, unhas xornadas nos ríos Ulla e Umia que pretenden divulgar o proxecto, aumentar o grao de concienciación social respecto da conservación dos peixes migradores e do seu hábitat e dar a coñecer os sistemas científicos que se están a usar para obter datos das poboacións de especies de peixes migradores neste ríos.

No río Ulla vaise realizar o 23 de xullo de 2012, e no Umia o 27 de xullo de 2012

A inscrición nestas xornadas é gratuíta e ambas inclúen: Seguro de responsabilidade Civil, transporte, comida e materiais educativos.

Condicións xerais: A actividade está aberta a todas as persoas interesadas maiores de 18 anos, pero o número de prazas é limitado. Os participantes deberán levar roupa e calzado adecuado.

O programa detallado de cada xornada está dispoñible nos arquivos en pdf que se xuntan.

Inscrición: contacta coa Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con”. Tel.: (+34) 986.565.640. Fax: (+34) 986.503.543. e-mail: ehecusc@usc.es

É preferible inscribirse enviando un correo electrónico á dirección indicada arriba e, posto que o número de prazas é limitado, se atenderá á orde de inscrición para determinar quen poderá, ou non, asistir. A este respecto, os organizadores comunicarán a cada solicitante se están inscritos definitivamente ou se, pola contra, a solicitude chegou cando xa non había prazas dispoñibles. Estes avisos se realizarán a finais desta semana (para os participantes na xornada do río Ulla o día 23 de xullo), e durante a próxima para os participantes na xornada do Umia o día 27 de xullo.

Organiza: Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” da Universidade de Santiago de Compostela (EHEC-USC).

Colaboran : 

  • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Xunta de Galicia)- Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
  • Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal (F. CEER).

Xornadas MIGRANET no río Ulla: https://migranet.org.es/documentos/index.php?id_documento=18

Xornadas MIGRANET no río Umia: https://migranet.org.es/documentos/index.php?id_documento=19

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *